CARTAS DE INVERNO

En Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, a intriga e o misterio son os protagonistas.
Unhas cartas enviadas polo escritor Xabier Louzao ao seu amigo pintor, Adrián, descobren os extraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Alí na vella casa terán que enfrontarse a misterios que non somos quen de imaxinar

.


RECITANDO VERSOS DO LIBRO POEMAR O MAR

 Raúl de 5º recita un poema do libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro

POEMAR O MAR

Poemar o mar de Antonio García Teijeiro é o libro escollido para o club de lectura. É un libro de poemas no que o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e por fóra cala, mares con ondas amarelas, con illas como estrelas, mares de plumas, de tinta verde con barquiños de papel.

A ILLA DO TESOURO DE ROBERT LOUIS STEVENSON

Despois de rematar con tanto gusto a lectura de Palabras de caramelo, o último libro do club, embarcámonos agora, e nunca mellor dito, na lectura dun clásico cheo de aventuras e en busca da liberdade: A ILLA DO TESOURO de Robert Louis Stevenson.
Un mociño inglés de século XVIII conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e máis os seus amigos cunha chea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, bótanse ao mar tras o rastro dun fabuloso tesouro soterrado por unha banda nunha afastada illa...

PALABRA DE CARAMELO DE ANXO MOURE

Resultado de imagen de palabras de caramelo

Agora toca a lectura de PALABRAS DE CARAMELO de Anxo Moure.
 Kori é un neno xordo, vive nun campo de refuxiados saharauis, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e a escribir.
O día ca súa mestra entende que pode ensinarlle a escribir, algo moi especial acontece na súa vida; é capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente aquelas que xorden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.

CLUB DE LECTURA BIBLIOPONTE 2018/2019

MORTIÑA. UNHA HISTORIA PARA ESMENDRELLARSE DE RISA


Comenzamos o club de lectura co libro "Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de risa" escrita e ilustrada por Bárbara Cantini, traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González e editado por Hércules Ediciones
Mortiña é unha nena, pero non é como as demais, é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar á xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única, a festa do Samaín! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse...pero que pasará cando os demais nenos e nenas descubran que non leva máscara.

Resultado de imagen de mortiña unha historia para esmendrellarse de risa

POESÍA E MÚSICA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Poesía de María Victoria Moreno, Música de Fuxan os Ventos e a montaxe foi realizada polo alumnado do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna e a súa profe, Rosalía.