LIBERESPAZO
"...E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre"
Etiquetas:
Liberespazo 2014
RELATOS DE FANTASMAS
Comenzamos 2014 lendo un libro de terror.... de medo....RELATOS DE FANTASMAS de Steven Zorn con ilustracións de John Bradley da editorial Vicens Vives e da colección Cucaña, é un conxunto de oito contos de fantasmas e de almas do máis aló. É un libro variado, curto e por tanto fácil de ler, que provoca moitas emocións: a ratos medo, a ratos diversión..... Espero que vos guste!

Etiquetas:
Relatos de fantasmas xaneiro 2014
AS AVENTURAS DO APALPADOR: O TESOURO DOS MOUROS
A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador, emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures. Para o descubrir, deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes.
O APALPADOR
Os compoñentes do club de lectura, para ir quentando motores para a lectura do libro titulado "As aventuras do apalpador: O Tesouro dos mouros", asisten na biblioteca, á representación en Kamiishibai da historia do Apalpador. O texto foi resultado dun traballo de investigación feito polo alumnado de 5º de primaria e as ilustracións foron feitas por Sandra Puebla González.
Etiquetas:
O Apalpador. Nadal 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
