FEMININO SINGULAR, EN PLURAL

 Feminino singular, en plural de Concha Blanco

Neste libro podemos encontrar unha serie de poemas biográficos dedicados a mulleres galegas singulares que foron ocultadas ou silenciadas ao longo da historia.
É un canto a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis xusta e de igualdade entre homes e mulleres. 





BRUXA E FAMILIA

 Bruxa e familia de Paula Carballeira

As pequenas grandes cousas, nas que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza. Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas, poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que  escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido...



SOPA DE EUROPA

 Sopa de Europa de Rafael Ordoñez

Con este libro poderás coñecer Europa sen moverte da túa cadeira.O alumnado sabía que lle esperaban as vacacións máis orixinais da súa vida. Gañaron o concurso ¿Coñeces Europa? e o premio consistía nunha viaxe polo vello continente con todos os gastos pagados. Cada alumno e cada alumna irá a un país diferente e terá que facer unha redacción contando a súa experiencia



CLUB DE LECTURA 6º

Este atípico curso 2020-2021, comeza o club de lectura do alumnado de 6º con dous títulos moi divertidos: Bruxa e familia de Paula Carballeira e Sopa de Europa de Rafael Ordoñ