ANXO FARIÑA NO CLUB DE LECTURA


Anxo Fariña autor e ilustrador do libro "Os megatoxos e o prendiz de druída" estivo onte na nosa biblioteca visitando aos compoñentes do noso club de lectura, para falarnos dos seus libros e do laborioso proceso de creación escrita e plástica.Tamén fixo unha desmostración práctica  en directo de como crea debuxando os personaxes dos seus libros. E como ten moitos e moitas fans no noso club porque nos gustan moito os seus libros, ao final do acto firmou autógrafos  







OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA DE ANXO FARIÑA


FOTOS CLUB DE LECTURA




A ILLA DO TESOURO DE ROBERT L. STEVENSON

Robert L. Stevenson é o autor do libro que temos entre mans os compoñentes do club de lectura, titulado A ILLA DO TESOURO. O protagonista é Jim Hawkins, un mociño inglés do século XVIII.
A súa aventura comenza un día en que un vello mariñeiro coa cara marcada por un sablazo, chega á pousada do seu pai, o cofre que transporta o descoñecido contén un extrano mapa, que Jim descubrirá por casualidade. A partires diste momento o protagonista emprenderá unha arriscada viaxe na procura do tesouro do temido capitán Flint

OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA DE ANXO FARIÑA



Anxo Fariña, é o autor da colección "Os Megatoxos", da cal escollimos a primeira entrega  titulada "Os Megatoxos e o aprendiz de druida" para ler os compoñentes do club de lectura do noso centro "Biblioponte". Son dous mozos e dúas mozas que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo.Esta planta mutante, ten entre outras a capacidade de viaxar no espazo e no tempo...