CHEGAMOS AO FINAL!

Despois de moito traballar, presentámosvos o noso produto final.
Este curso convertémonos en guionistas, directores, produtores e actores.
Talvez o resultado non é perfecto, pero gozamos moito do proceso.
Vémonos o ano que vén con máis historias e proxectos. 
BO VERÁN 😉





 VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ



O día 16 de xuño, tiñamos pensado ir ao CEIP Sagrado Corazón para coñecer o seu club de lectura, Palabras Infindas, e compartir coa autora de O MISTERIO DE PORTOMARÍN a nosa experiencia co libro. 
Finalmente, foron as rapazas e rapaces dese club amigo quen nos visitaron a nós. 
Foi xenial coñecer a Antía e ás compañeiras e compañeiros do Sagrado Corazón!





Tedes curiosidade por saber que nos contou Antía, non si?
Podedes escoitar a entrevista que lle fixemos no arquivo seguinte.
Así, coñeceredes un pouco mellor a esta grande escritora.


 

 O CROMA NO CLUB DE LECTURA


TEMOS BIBLIOTECA NOVA!


E entre as súas novidades está a pantalla verde. Nós estámola aproveitando para gravar a trama de "O misterio de Portomarín", agora con actores de carne e óso.

Ademais, na última semana do curso visitaremos o CEIP Sagrado Corazón, onde teremos ocasión de compartir experiencias con Palabras Infindas, o seu club de lectura, e de falar con Antía Yáñez, a autora do libro que traballamos este curso.

 

TEATRO DE MONICREQUES


Despois de elaborar os monicreques das personaxes do libro que estamos a ler, esta semana empezamos as gravacións do noso proxecto. Que ganas!