FELICITACIÓN DO CLUB DE LECTURA POLO NADAL

Os nenos e nenas do club de lectura de 6º de Primaria do CEIP"A Ponte" de Lugo desexan a toda a comunidade educativa un BO NADAL  e moi BOAS LECTURAS!

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

Empezamos o Club de Lectura do curso 2016-2017, coincidindo coa celebración do Samaín, coa lectura dun libro que pola súa temática encaixa moi ben nestas datas:  ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA  escrito por Ledicia costas e ilustrado por Victor Rivas, publicado por Edicións Xerais e que ademais levou varios premios, o Premio Merlín de literatura Infantil no 2014 e o Premio Nacional de Literatura no 2015

FOTOS CLUB DE LECTURA




ROSALÍA DE CASTRO

Seguimos con poesía, despois de ler os poemas de Manuel María, tócanos agora  ler os poemas de Rosalía de Castro." Escolma poética de Rosalía de Castro" da editorial Kalandraka, onde temos para ler 13 poemas que tratan sobre o amor, o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida, as inxustizas sociais a saudade...



O ARCO DA VELLA DE MANUEL MARÍA

GALIZA

Carlos Puebla González e Hugo Prados Arias recitan  o poema titulado "GALIZA" da obra de Manuel María "Os soños na gaiola"

OS SOÑOS NA GAIOLA


OS SOÑOS NA GAIOLA de MANUEL MARÍA é o libro co que comezamos este ano o club de lectura, aproveitando o traballo de investigación que estivemos a facer durante o primeiro trimestre sobre a vida e obra de Manuel María. Este libro é un percorrido polo mundo infantil galego