AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

Con moito entusiasmo comezamos a ler a obra de Casares e repartimos os diferentes papeis.

Nesta ocasión participan alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Todos e todas estamos encantados co “noso papel”. Ímolo facer xenial.

Unha vez feita a repartición comezamos mans á obra, decorando con moito entusiasmo o fondo para a representación da nosa obra.

Que opinades? Seguro que queda moi ben.







 COMEZAMOS NOVA LECTURA

No club de lectura “Historias da Ponte Vella” estamos moi ledos. Comezamos coa lectura dun novo libro e tiñamos moitas ganas de probar este xénero literario: o teatro.

Eleximos o libro de Carlos Casares “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”. Estamos segurísim@s de que nos vai a encantar.

Acompañádemos para saber máis.


  

 LECTURA E APRENDIZAXE

Nesta nova xuntanza do Club de Lectura fixemos unha actividade diferente e que nos gostou un montón.

Despois de conversar sobre o libro “Wolfram” fixemos un xogo ambientado na II Guerra Mundial, onde por equipos tiñamos que completar a información nunha plantilla. 

Puxemos os resultados en común, debatemos entre nós e chegamos a unha clara conclusión: que importante é coñecer o pasado para mellorar o futuro.

Con pequenos xestos podemos crear unha bonita historia.




 

 WOLFRAM

Xa estamos inmersos nunha nova experiencia lectora.

Desta vez estamos a ler un libro en galego de banda deseñada ambientado nos comezos da II Guerra Mundial. Ademais de compartir lectura tamén estamos a aprender milleiros de cousas sobre historia.