Despois de rematar con tanto gusto a lectura de Palabras de caramelo, o último libro do club, embarcámonos agora, e nunca mellor dito, na lectura dun clásico cheo de aventuras e en busca da liberdade: A ILLA DO TESOURO de Robert Louis Stevenson.
Un mociño inglés de século XVIII conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e máis os seus amigos cunha chea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, bótanse ao mar tras o rastro dun fabuloso tesouro soterrado por unha banda nunha afastada illa...
