Comenzamos o club de lectura co libro "Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de risa" escrita e ilustrada por Bárbara Cantini, traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González e editado por Hércules Ediciones
Mortiña é unha nena, pero non é como as demais, é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar á xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única, a festa do Samaín! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse...pero que pasará cando os demais nenos e nenas descubran que non leva máscara.