A ILLA DO TESOURO DE ROBERT LOUIS STEVENSON
Despois de rematar con tanto gusto a lectura de Palabras de caramelo, o último libro do club, embarcámonos agora, e nunca mellor dito, na lectura dun clásico cheo de aventuras e en busca da liberdade: A ILLA DO TESOURO de Robert Louis Stevenson.
Un mociño inglés de século XVIII conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e máis os seus amigos cunha chea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, bótanse ao mar tras o rastro dun fabuloso tesouro soterrado por unha banda nunha afastada illa...

Etiquetas:
A illa do tesouro 2019
PALABRA DE CARAMELO DE ANXO MOURE
Agora toca a lectura de PALABRAS DE CARAMELO de Anxo Moure.
Kori é un neno xordo, vive nun campo de refuxiados saharauis, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e a escribir.
O día ca súa mestra entende que pode ensinarlle a escribir, algo moi especial acontece na súa vida; é capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente aquelas que xorden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.
Etiquetas:
Palabras de Caramelo
MORTIÑA. UNHA HISTORIA PARA ESMENDRELLARSE DE RISA
Comenzamos o club de lectura co libro "Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de risa" escrita e ilustrada por Bárbara Cantini, traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González e editado por Hércules Ediciones
Mortiña é unha nena, pero non é como as demais, é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar á xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única, a festa do Samaín! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse...pero que pasará cando os demais nenos e nenas descubran que non leva máscara.
Etiquetas:
Samaín 2018
POESÍA E MÚSICA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Poesía de María Victoria Moreno, Música de Fuxan os Ventos e a montaxe foi realizada polo alumnado do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna e a súa profe, Rosalía.
Etiquetas:
Letras galegas 2018
A FESTA NO FAIADO
Ana del Río Candia recomenda o libro A FESTA NO FAIADO de María Victoria Moreno Fuentes, autora homenaxeada este ano 2018 polo día das letras galegas.
A festa no faiado conta a historia de Uxía e de Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.
A festa no faiado conta a historia de Uxía e de Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.
Etiquetas:
A festa no faiado 2018
RECOMENDACIÓN LECTORA: A PRAIA DA ESPERANZA
Emilio del Río Candia aconsella aos seus compañeiros e compañeiras a lectura da obra de Agustín Fernández Paz "A PRAIA DA ESPERANZA" que é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige
Etiquetas:
A praia da esperanza 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)