Lois Pérez visita o noso Club de Lectura “Historias da ponte vella”
Por fin chegou o día! Lois Pérez, autor do libro “A gruta da torre” visitou o noso centro para compartir un ratito cos membros do club de lectura.
Estivemos encantados e encantadas de poder falar con Lois sobre o seu libro. Aproveitamos a ocasión para facerlle unha extensa entrevista coas preguntas que os nenos e nenas elaboraron na anterior xuntanza.
A todos/as nos entraron unhas inmensas ganas de ser escritores/as. Foi un auténtico pracer conversar con Lois.
Proximamente publicaremos a entrevista.



