Analizamos os personaxes do libro “A gruta da Torre”
Un venres máis fixemos un encontro literario no Club de Lectura “Historias da Ponte Vella”. O libro estanos a encantar. Estamos todos/as moi emocionados/as coa lectura e así o demostramos en cada xuntanza.
Despois de compartir experiencias, levamos a cabo unha actividade en pequenos grupos colaborativos, que consistía en escoller un personaxe do libro por grupo e tratar de describilo atendendo á súa apariencia tanto física coma emocional. Analizamos pequenos detalles sobre os que tivemos o pracer de ler e puxémonos mans á obra. Nesta actividade tamén demos renda solta á nosa creatividade, xa que o alumnado púxose “na pel” do personaxe escollido e tratou de inventar e escribir alternativas a formas de actuar.

