FEMININO SINGULAR, EN PLURAL

 Feminino singular, en plural de Concha Blanco

Neste libro podemos encontrar unha serie de poemas biográficos dedicados a mulleres galegas singulares que foron ocultadas ou silenciadas ao longo da historia.
É un canto a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis xusta e de igualdade entre homes e mulleres. 





BRUXA E FAMILIA

 Bruxa e familia de Paula Carballeira

As pequenas grandes cousas, nas que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza. Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas, poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que  escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido...



SOPA DE EUROPA

 Sopa de Europa de Rafael Ordoñez

Con este libro poderás coñecer Europa sen moverte da túa cadeira.O alumnado sabía que lle esperaban as vacacións máis orixinais da súa vida. Gañaron o concurso ¿Coñeces Europa? e o premio consistía nunha viaxe polo vello continente con todos os gastos pagados. Cada alumno e cada alumna irá a un país diferente e terá que facer unha redacción contando a súa experiencia



CLUB DE LECTURA 6º

Este atípico curso 2020-2021, comeza o club de lectura do alumnado de 6º con dous títulos moi divertidos: Bruxa e familia de Paula Carballeira e Sopa de Europa de Rafael Ordoñ





PLASTICUS MARITIMUS

"PASTICUS MATIRIMUS, una especie invasora" é o libro que acaba de publicar neste 2020, a editorial Kalandraka. Conta un proxecto que a autora, Ana Pego, estivo realizando durante anos coa intención de denunciar a invasión de plásticos no espazo marítimo, ademais propón solucións para evitalo e para motivar aos lectores a ás lectoras a buscar formas de consumo alternativas.

É o primeiro libro para ler no club de lectura de 5º e 6º de primaria neste curso 2020-2021

 

 Plasticus maritimus. Una especie invasora (Ciencia): Amazon.es: Pêgo, Ana,  Minhós Martins, Isabel, Carvalho, Bernardo, Recarey, Cecilia: Libros

CARTAS DE INVERNO

En Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, a intriga e o misterio son os protagonistas.
Unhas cartas enviadas polo escritor Xabier Louzao ao seu amigo pintor, Adrián, descobren os extraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Alí na vella casa terán que enfrontarse a misterios que non somos quen de imaxinar

.


RECITANDO VERSOS DO LIBRO POEMAR O MAR

 Raúl de 5º recita un poema do libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro

POEMAR O MAR

Poemar o mar de Antonio García Teijeiro é o libro escollido para o club de lectura. É un libro de poemas no que o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e por fóra cala, mares con ondas amarelas, con illas como estrelas, mares de plumas, de tinta verde con barquiños de papel.

A ILLA DO TESOURO DE ROBERT LOUIS STEVENSON

Despois de rematar con tanto gusto a lectura de Palabras de caramelo, o último libro do club, embarcámonos agora, e nunca mellor dito, na lectura dun clásico cheo de aventuras e en busca da liberdade: A ILLA DO TESOURO de Robert Louis Stevenson.
Un mociño inglés de século XVIII conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e máis os seus amigos cunha chea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, bótanse ao mar tras o rastro dun fabuloso tesouro soterrado por unha banda nunha afastada illa...