
BENVIDOS/AS AO CLUB DE LECTURA

APRENDIZ DE DETECTIVE. UN ROBO MUY COSTOSO
O primeiro relato, trata dun neno chamado Tommy que era o fillo dun policía, e el tamén quería selo de maior. Un día unha compañeira do cole, (Millie) chegou con golosinas que lle dera un home. A partir de ahí, sucederán moitas cousas emocionantes e Tommy terá que enfrentarse a moitos perigos. No segundo relato, descríbese a planificación e execución do roubo dunhas xoias que traerá consecuencias inesperadas para os seus protagonistas, dous ladróns de poca monta.
Dúas bágoas por máquina
BENVIDOS/AS!
DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA-Fina Casalderrey
Unha novela emotiva, narrada con tenrura e humor, que aborda toda a complexidade das relación entre os nenos e nenas e os animais. É a historia da relación entre Xusta e o can, Máquina, que recibiu como agasallo, cando cumpriu seis anos. Pasado o tempo a familia cansa do animal e pensa en desfacerse del, abandonándoo nun monte. Desa época trata o libro, dos recordos e da tristeza ante a desesperación, pero tamén da volta, da súa recuperación. O can demostra a súa valentía nun par de actuacións impresionantes. A última delas suporá a súa fin, nunha entrega total para salvar á avoa.
Memorias dun neno labrego

O MERLO BRANCO

O Principiño
Marco Polo, o aventureiro
24 de febreiro - Día de Rosalía de Castro
Cartas de inverno
Esta vez é Agustín Fernández Paz o autor de Cartas de inverno, libro cheo de intriga, misterio e terror. Tereixa recibe un sobre remitido polo seu irmán Xabier desde Doroña (Vilamaior). No seu interior hai una carta e un sobre máis pequeño. Na carta Xabier indícalle que non abra o sobre e que si antes dunha semana non recibe noticias, llo entregue ao inspector Soutullo da Comisaría de Vigo. Tereixa non resiste a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas remitidas a Xabier, do seu amigo Adrián. As cartas falan de estraños sucesos relacionados coa súa nova casa e pide axuda ao seu amigo.
Anxo Fariña no Club de Lectura
Nesta ocasión o libro entregado está escrito e ilustrado por Anxo Fariña, o título é: OS MEGATOXOS E O O APRENDIZ DE DRUÍDA.
Os protagonistas, catro escolares, decátanse de que teñen moitas cousas en común ademais de asistir á mesma escola. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo isto misturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos…os celtas.


