POEMAR O MAR


O seguinte libro para ler no club de lectura é POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. Un bonito libro de poesía onde o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra, mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.


 Resultado de imagen de poemar o mar

PIPI MEDIASLONGAS



Acaba de chegar á nosa biblioteca o libro de Astrid Lindgren, PIPPI MEDIASLONGAS, traducido ao galego por David A. Álvarez e publicado pola editorial Kalandraka.
O libro conta as extravagantes aventuras da súa protagonista Pippi Mediaslongas, o seu mono o señor Nilsson e o seu cabalo. Diversión, tenrura, humor, optimismo e ledicia son os ingredientes deste libro que é un clásico universal e imprescindible. Un personaxe literario que inspirou unha serie na televisión e varias peléculas.
É a próxima lectura dos compoñentes do club de lectura de 5º de primaria. O éxito está garantizado.


pipi mediaslongas-astrid lindgren-9788484643395


RECOMENDACIÓN LECTORA

Recomendación lectora de Samuel Neira Pérez: ¡Qué aventura Super Claus!
S


ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA

esmeraldina, a pequena defunta-ledicia costas alvarez-9788499149998

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA é un libro escrito por Ledicia Costas, ilustrado por Victor Rivas e editado por Edicións Xerais. Despois de ler Escarlatina a cociñeira defunta, da mesma autora é o momento para ler outra historia  a de Esmeraldina, unha historia de medo e humor macabro que vai gustar moito, despois do éxito do libro  anterior.
Unha xenial, divertida, tenra e disparatada historia para ler no tempo de Samín.

O libro conta a historia de Esmeraldina que é cociñeira nun hotel, o "Hotel Fantastique" que está no medio do salvaxe Oeste. Ela aprende os trucos culinarios da man da súa avoa. Un andazo de febre acaba coa súa vida, entón Esmeraldina necesita aprender a comportarse como unha pantasma. Para iso contará coa axuda dunha araña, que se convertirá na súa mellor amiga, e tamén de Nicotina, unha vaqueira que a leva ao Alén. O libro de receitas da avoa acompaña esta divertida e macabra historia de Esmeraldina.

RECOMENDACIÓN LECTORA PARA O VERÁN: A ILLA DE ARMIN GREDER

A ILLA. DE ARMIN GREDER de Edicións Lóguez.
Este álbum é un libro dos que non teñen idade, é un imprescindible. Trata o tema da emigración sen dulcificalo, mostrándonos os sentimentos de rexeita e de temor que poden darse en calquera situación parecida á historia que aquí se narra "Unha historia cotiá" como ben di o título que agora mesmo pode estar sucedendo en calquera parte.
As ilustracións de Greder plasman os sentimentos e sensacións dos habitantes da illa, evocando as pinturas dos artistas: Zoran Music, Goya, Munch, Kokosachka, Henry Moore ou Lucien Freud.
Un libro que fala do medo, do pavor ao descoñecido, do egoismo, do individualismo, da falta de diálogo, da falsedade...historias que deixan pegada e volven a nós cando as necesitamos, historias que transmiten valores e axudan a entendernos e comprender aos demais.
En definitiva un libro para reflexionar.


A ILLA DO TESOURO DE ROBERT LOUIS STEVENSON


"A ILLA DO TESOURO" DE ROBERT LOUIS STEVENSON é o último libro lido no club de lectura deste curso 2016-2017. Un libro que entusiasmou aos pequenos lectores e lectoras.
O protagonista deste magnífico libro é un neno, Jim Hankins.  A súa emocionante aventura comenza o día en que un vello mariñeiro coa cara marcada por un sablazo, chega á posada do seu pai. O cofre que transporta o descoñecido contén un estraño mapa, que Jim descubrirá por casualidade. A partires diste momento, o noso protagonista emprenderá unha viaxe de risco en busca do tesouro do capitán Flint.

Resultado de imagen de la isla del tesoro

RELATOS DE FANTASMAS de Steven Zorn

Os oito relatos que compoñen este volumen foron escritos polos máis famosos autores de contos de fantasmas: Washington Irving, Artur Conan Doyle, M.R. James, Ambrose Bierce, Edith Nesbit e outros. O alumnado do club de lectura de 6º de primaria disfrutou ao entrar no mundo misterioso e fantástico deste libro aterrador, pois en cada un deles espera unha sorpresa.





PALABRAS DE CARAMELO

O alumnado de 5º de primaria, deu lectura ao libro PALABRAS DE CARAMELO de Gonzalo Moure, libro que a todos por igual lles estusiasmou, aínda que  o consideraron moi triste pola incomprensión dos adultos polo diferente, polas condicións de vida desfavorables do pobo saharaui. e sobre todo polo final de Caramelo.
Kori é un neno xordo que vive nun campo de refuxiados saharauis, ten oito anos e só recoñece as palabras nos movementos da boca, por iso é capaz de saber o que lle di ao seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo







EL UNIVERSO PARA ULISES




EL UNIVERSO PARA ULISES de Juan Carlos Ortega, publidado pola editorial Planeta é unha recomendación lectora feita por Carlos Puebla González de 6º de Primaria. O libro é un percorrido fascinante de un pai e un fillo polos segredos que esconde o firmamento partindo dunha particular historia do cosmos, o libro desgrana o pensamenro de todos aqueles científicos que aportaron a seu grao de area para que hoxe comprendamos mellor os principios polos que se rixe o universo. Está explicado cunha linguaxe moi sinxela pero á vez precisa e rigurosa.