
ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA é un libro escrito por Ledicia Costas, ilustrado por Victor Rivas e editado por Edicións Xerais. Despois de ler Escarlatina a cociñeira defunta, da mesma autora é o momento para ler outra historia a de Esmeraldina, unha historia de medo e humor macabro que vai gustar moito, despois do éxito do libro anterior.
Unha xenial, divertida, tenra e disparatada historia para ler no tempo de Samín.
O libro conta a historia de Esmeraldina que é cociñeira nun hotel, o "Hotel Fantastique" que está no medio do salvaxe Oeste. Ela aprende os trucos culinarios da man da súa avoa. Un andazo de febre acaba coa súa vida, entón Esmeraldina necesita aprender a comportarse como unha pantasma. Para iso contará coa axuda dunha araña, que se convertirá na súa mellor amiga, e tamén de Nicotina, unha vaqueira que a leva ao Alén. O libro de receitas da avoa acompaña esta divertida e macabra historia de Esmeraldina.