O GRAN XIGANTE BONACHÓN DE ROALD DAHL

Outro libro de Roald Dhal, ilustrado tamén por Quentin Blake: "O Gran Xigante Bonachón". Unha noite o Gran Xigante Bonachón entra pola fiestra do orfanato, envolve a Sofía, nunha saba e levaa ao país dos xigantes. Pero nese país tamén hai xigantes malos. Sofía e o Gran Xigante Bonachón terán que facerlles frente a todos, coa axuda da raíña de Inglaterra.

SUPERZORRO DE ROALD DHAL

"Superzorro" é un divertido libro escrito por Roald Dhal e ilustrado por Quentin Blake. Benito, Buñuelo e Bufón son os tres granxeiros máis malvados que poidas imaxinar. Odian a don Raposo e queren collelo. Espérano á saída da súa gorida, escondidos detrás das árbores...

BENVIDOS/AS AO CLUB DE LECTURA




.
Un ano máis comenzamos a nosa andadura polo mundo dos libros, con noso club de lectura "Biblioponte". Con moitos ánimos e as mellores intencións para ler todo tipo de textos e sumerxirnos nun mundo de imaxinación, fantasía, aventura e tamén  e de coñecementos


O primeiro libro deste curso 2012-2013 é:

CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de ROALD DAHL

Un libro con ilustracións de Quentin Blake, moi divertido, que consiste en tomar os contos clásicos e facerlles unha adaptación acorde cos tempos, cambiando o final e desfacendo os mitos infantís. Na versión orixinal inglesa, está en verso rimado, aínda que ao seren traducidos perden ás veces perden a rima, pero non a gracia


APRENDIZ DE DETECTIVE. UN ROBO MUY COSTOSO

O primeiro relato, trata dun neno chamado Tommy que era o fillo dun policía, e el tamén quería selo de maior. Un día unha compañeira do cole, (Millie) chegou con golosinas que lle dera un home. A partir de ahí, sucederán moitas cousas emocionantes e Tommy terá que enfrentarse a moitos perigos. No segundo relato, descríbese a planificación e execución do roubo dunhas xoias que traerá consecuencias inesperadas para os seus protagonistas, dous ladróns de poca monta.

Dúas bágoas por máquina

Dentro do Club de lectura temos un grupo novo, o alumnado de 4º de primaria, que participa por primeira vez , a petición propia e cun libro escollido por eles mesmos.

BENVIDOS/AS!

DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA-Fina Casalderrey

Unha novela emotiva, narrada con tenrura e humor, que aborda toda a complexidade das relación entre os nenos e nenas e os animais. É a historia da relación entre Xusta e o can, Máquina, que recibiu como agasallo, cando cumpriu seis anos. Pasado o tempo a familia cansa do animal e pensa en desfacerse del, abandonándoo nun monte. Desa época trata o libro, dos recordos e da tristeza ante a desesperación, pero tamén da volta, da súa recuperación. O can demostra a súa valentía nun par de actuacións impresionantes. A última delas suporá a súa fin, nunha entrega total para salvar á avoa.

Memorias dun neno labrego


Para rematar este ano de lecturas, os compoñentes do club de lectura “biblioponte” do CEIP “A Ponte” lemos o libro máis lido e máis traducido da literatura galega: Memorias dun neno labrego, do que, con esta última edición, conmemoranse os cincuenta anos da súa aparición.
O seu autor, Xosé Neira Vilas, pretende contar como era o estilo de vida nos anos corenta de Balbino, rapaz labrego de 12 ou 13 anos, nunha aldea galega, concretamente na aldea de Grea en Vila de Cruces.

O MERLO BRANCO

O merlo branco é unha obra de Cándido Pazó, cuxa trama central xira en torno á tolerancia e o respecto das diferenzas. Un merlo nace branco, é diferente, e ten problemas. Ninguén o quere. Entón emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras para sentirse aceptado. Quere ser gaivota, cotorra, flamingo, pomba ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco; ata que todos se decatan e o aceptan tal e como é.

O Principiño

Despois de ler a guía orientativa para a lectura do libro e ambientarnos coa exposición da biblioteca por fin chega a lectura da obra.
Este famoso libro de Antoine de Saint-Exupéry é unha historia chea de misterio e poesía na que un neno emprende unha viaxe a través do universo e vai descubrindo o mundo co seu corazón. Quere chegar ata o fondo das cousas e non deixa de facer preguntas.
Pouco a pouco dialogando e reflexionando co grupo imos descubrindo o significado das distintas metáforas, non percibidas pola totalidade da mesma maneira, onde todos os personaxes e elementos nos falan da relación entre as persoas, o amor, a amizade, o sufrimento…Fainos reflexionar sobre cousas tan simples e á vez tan complexas.
Por último o visionado da película O PRINCIPIÑO baseada na obra de Antoine de Saint-Exupéry.