“Historias da Ponte Vella” chega ao seu fin

O curso remata e xunto a el tamén o fai o noso club de lectura “Historias da ponte vella”.

Nesta xornada de encontros literarios e lecturas compartidas fixemos un resumo do libro “A gruta da torre” a través dun xogo que a todos e todas nos gusta moito: un Kahoot!

Os nenos/as e mestras disfrutamos moito desta última xuntanza do club de lectura.





E para rematar fixemos unha avaliación de como funcionou o noso club de lectura: que foi o que máis e o que menos nos gustou, que actividades destacamos, que actividades nos gustaría ter feito e non fixemos, que temática nos gustaría ler en futuros clubs de lectura, etc.
Nenos e nenas! Moitísimas grazas pola vosa implicación e o bo facer.
Vémonos pronto!





XV Xornada de Clubs de Lectura

Hoxe, 5 de xuño, tivemos o pracer de acudir á XV Xornada de Clubs de lectura. Foi un día intenso e cheo de experiencias. Escoitamos a autores como Manuel Núñez Singala, Felipe Munita, Carlos Martínez Uzal, Julio Abalde García e Olga Novo Presa.

Ademais destas charlas maxistrais, tivemos a oportunidade de compartir experiencias realizadas noutros centros galegos arredor dos clubs de lectura.

Levamos a mochila cargadiña de ideas e actividades para seguir traballando nas “Historias da ponte vella”.




Lois Pérez visita o noso Club de Lectura “Historias da ponte vella”
Por fin chegou o día! Lois Pérez, autor do libro “A gruta da torre”  visitou o noso centro para compartir un ratito cos membros do club de lectura.
Estivemos encantados e encantadas de poder falar con Lois sobre o seu libro. Aproveitamos a ocasión para facerlle unha extensa entrevista coas preguntas que os nenos e nenas elaboraron na anterior xuntanza.
A todos/as nos entraron unhas inmensas ganas de ser escritores/as. Foi un auténtico pracer conversar con Lois.
Proximamente publicaremos a entrevista.
Grazas , Lois.




 Preparamos a nosa entrevista con Lois Pérez

NOTICIÓN! Pronto Lois Pérez, o autor do libro “A gruta da torre” visitará o Club de lectura “Historias da Ponte Vella”.

Estamos ansiosos por poder conversar con Lois e para que a entrevista sexa todo un éxito elaboramos unha batería de preguntas sobre as que nos gustaría ter resposta. Pronto nos puxemos a traballar e deixar voar a nosa imaxinación. Cada neno e nena pensou que lle gustaría preguntarlle a Lois e, sabedles que? sairon preguntas fascinantes. Estos nenos/as son uns artistas.

Que ganas temos de poder ver a Lois.





 

Analizamos os personaxes do libro “A gruta da Torre”

Un venres máis fixemos un encontro literario no Club de Lectura “Historias da Ponte Vella”. O libro estanos a encantar. Estamos todos/as moi emocionados/as coa lectura e así o demostramos en cada xuntanza.

Despois de compartir experiencias, levamos a cabo unha actividade en pequenos grupos colaborativos, que consistía en escoller un personaxe do libro por grupo e tratar de describilo atendendo á súa apariencia tanto física coma emocional. Analizamos pequenos detalles sobre os que tivemos o pracer de ler e puxémonos mans á obra. Nesta actividade tamén demos renda solta á nosa creatividade, xa que o alumnado púxose “na pel” do personaxe escollido e tratou de inventar e escribir alternativas a formas de actuar.




 Continuamos coa aventura da lectura

Unha semana máis alumnos/as e mestras compartimos durante o período de lecer un novo encontro literario. O libro está a fascinarnos a todos/as e así o mostran as nossas conversas.

Comezamos a xuntanza compartindo experiencias e opinións sobre o pedaciño de libro que levamos lido e fixemos unha nova actividade. Nesta ocasión, coñecimos máis en profundidade o lugar onde se narra o libro “A gruta da Torre”: Ribadeo. Fixemos un paseo virtual pola cidade situándoa no mapa, visitamos o porto e a Torre dos Moreno. Para finalizar, traballamos o valor da amizade, que tan ben o reflicte Lois Pérez no seu libro.




 Primeiras lecturas compartidas

Unha semana máis reunímonos na biblio do cole para manter un novo encontro literario do noso Club de Lectura “Historias da Ponte Vella”.

Comezamos a ler o libro “A gruta da torre”, de Lois Pérez. Foi moi emocionante ver como alumnos/as e mestras nos víamos inmersos nunha nova aventura compartida: a aventura de ler, comunicar e expresar.

Agardamos próximos encontros con moita ilusión.




 I xornada do Club de Lectura “Historias da Ponte Vella”

Este curso estamos inmersos no programa de innovación educativa dos Clubs de Lectura. Durante a hora de lecer do pasado venres, o alumnado voluntario de quinto e sexto de Educación Primaria puido gozar do primeiro encontro. Para introducir o Club de Lectura, escaneamos uns códigos Qr sobre o libro a ler (“A gruta da Torre”) e do seu autor (Lois Pérez). Agora que xa o coñecemos, é hora de comezar a compartir momentos de lectura e moitíiiiiisimas outras actividades.





 Promoción do noso Club de Lectura “Historias da Ponte Vella”

Por fin chegou o día! Xa temos preparado o cartaz que promociona o noso Club de Lectura.

Alumnado voluntario de 5º e 6º de Educación Primaria e mestras teremos o inmenso pracer de compartir lecturas, manter encontros literarios, conversas que nos farán voar a imaxinación e vivir unha morea de aventuras que nos transportarán a fermosos lugares e coñecer a vida en diferentes épocas.

Comezamos!!



FEMININO SINGULAR, EN PLURAL

 Feminino singular, en plural de Concha Blanco

Neste libro podemos encontrar unha serie de poemas biográficos dedicados a mulleres galegas singulares que foron ocultadas ou silenciadas ao longo da historia.
É un canto a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis xusta e de igualdade entre homes e mulleres.