POESÍA E MÚSICA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Poesía de María Victoria Moreno, Música de Fuxan os Ventos e a montaxe foi realizada polo alumnado do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna e a súa profe, Rosalía.
Etiquetas:
Letras galegas 2018
A FESTA NO FAIADO
Ana del Río Candia recomenda o libro A FESTA NO FAIADO de María Victoria Moreno Fuentes, autora homenaxeada este ano 2018 polo día das letras galegas.
A festa no faiado conta a historia de Uxía e de Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.
A festa no faiado conta a historia de Uxía e de Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.
Etiquetas:
A festa no faiado 2018
RECOMENDACIÓN LECTORA: A PRAIA DA ESPERANZA
Emilio del Río Candia aconsella aos seus compañeiros e compañeiras a lectura da obra de Agustín Fernández Paz "A PRAIA DA ESPERANZA" que é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige
Etiquetas:
A praia da esperanza 2018
DÍA DO LIBRO 2018
LER LÉVATE AO MÁIS ALTO é o lema da campaña de animación á lectura deste curso 2018 pola celebración do DÍA DO LIBRO
Etiquetas:
Día do libro 2018
A SEÑORITA BUBBLE DE LEDICIA COSTAS
A próxima lectura do Club de Lectura é a obra de Ledicia Costas titulada A SEÑORITA BUBBLE.
Este libro publicado por Xerais é un relato que mestura humor e aventura e onde os humanos e as máquinas pasean da man. A protagonista é unha muller independente que reivindica o papel das mulleres na ciencia.

Este libro publicado por Xerais é un relato que mestura humor e aventura e onde os humanos e as máquinas pasean da man. A protagonista é unha muller independente que reivindica o papel das mulleres na ciencia.

Etiquetas:
A señorita Bubble 2018
"GOMA DE BORRAR" POEMA DE POEMAR O MAR DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Samuel Neira Martínez recita o bonito poema "Goma de borrar" do libro Poemar o mar de Antonio García Teijeiro
Etiquetas:
Goma de borrar 2018
POEMAR O MAR
O seguinte libro para ler no club de lectura é POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. Un bonito libro de poesía onde o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra, mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel.
Etiquetas:
Poemar o mar 2018
PIPI MEDIASLONGAS
Acaba de chegar á nosa biblioteca o libro de Astrid Lindgren, PIPPI MEDIASLONGAS, traducido ao galego por David A. Álvarez e publicado pola editorial Kalandraka.
O libro conta as extravagantes aventuras da súa protagonista Pippi Mediaslongas, o seu mono o señor Nilsson e o seu cabalo. Diversión, tenrura, humor, optimismo e ledicia son os ingredientes deste libro que é un clásico universal e imprescindible. Un personaxe literario que inspirou unha serie na televisión e varias peléculas.
É a próxima lectura dos compoñentes do club de lectura de 5º de primaria. O éxito está garantizado.

Etiquetas:
Pipi Mediaslongas 2018
RECOMENDACIÓN LECTORA
Recomendación lectora de Samuel Neira Pérez: ¡Qué aventura Super Claus!
S
S
Etiquetas:
Recomendación lectora 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)