A ESCENA!
No club de lectura andamos estes días a deseñar os escenarios e os personaxes da novela O Misterio de Portomarín. As rapazas e rapaces do club están facendo uns debuxos ben xeitosos!
No club de lectura andamos estes días a deseñar os escenarios e os personaxes da novela O Misterio de Portomarín. As rapazas e rapaces do club están facendo uns debuxos ben xeitosos!
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS
Con moito entusiasmo comezamos a ler a obra de Casares e repartimos os diferentes papeis.
Nesta ocasión participan alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Todos e todas estamos encantados co “noso papel”. Ímolo facer xenial.
Unha vez feita a repartición comezamos mans á obra, decorando con moito entusiasmo o fondo para a representación da nosa obra.
Que opinades? Seguro que queda moi ben.
COMEZAMOS NOVA LECTURA
No club de lectura “Historias da Ponte Vella” estamos moi ledos. Comezamos coa lectura dun novo libro e tiñamos moitas ganas de probar este xénero literario: o teatro.
Eleximos o libro de Carlos Casares “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”. Estamos segurísim@s de que nos vai a encantar.
Acompañádemos para saber máis.
LECTURA E APRENDIZAXE
Nesta nova xuntanza do Club de Lectura fixemos unha actividade diferente e que nos gostou un montón.
Despois de conversar sobre o libro “Wolfram” fixemos un xogo ambientado na II Guerra Mundial, onde por equipos tiñamos que completar a información nunha plantilla.
Puxemos os resultados en común, debatemos entre nós e chegamos a unha clara conclusión: que importante é coñecer o pasado para mellorar o futuro.
Con pequenos xestos podemos crear unha bonita historia.
COMEZAMOS NOVA AVENTURA!
Damos a benvinda a un novo curso e con él a unha nova andaina no Club de Lectura “Historias da Ponte Vella”. Comezamos este trimestre reuníndonos na biblioteca do cole para compartir novos momentos e experiencias de lectura, mestres/as e alumnos/as de 6º de Educación Primaria.
Este trimestre, leremos o libro “WOLFRAM”, de Alberto Varela Ferreiro.
Acompañádenos para saber máis!
“Historias da Ponte Vella” chega ao seu fin
O curso remata e xunto a el tamén o fai o noso club de lectura “Historias da ponte vella”.
Nesta xornada de encontros literarios e lecturas compartidas fixemos un resumo do libro “A gruta da torre” a través dun xogo que a todos e todas nos gusta moito: un Kahoot!
Os nenos/as e mestras disfrutamos moito desta última xuntanza do club de lectura.
XV Xornada de Clubs de Lectura
Hoxe, 5 de xuño, tivemos o pracer de acudir á XV Xornada de Clubs de lectura. Foi un día intenso e cheo de experiencias. Escoitamos a autores como Manuel Núñez Singala, Felipe Munita, Carlos Martínez Uzal, Julio Abalde García e Olga Novo Presa.
Ademais destas charlas maxistrais, tivemos a oportunidade de compartir experiencias realizadas noutros centros galegos arredor dos clubs de lectura.
Levamos a mochila cargadiña de ideas e actividades para seguir traballando nas “Historias da ponte vella”.