Empezamos o Club de Lectura do curso 2016-2017, coincidindo coa celebración do Samaín, coa lectura dun libro que pola súa temática encaixa moi ben nestas datas: ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA escrito por Ledicia costas e ilustrado por Victor Rivas, publicado por Edicións Xerais e que ademais levou varios premios, o Premio Merlín de literatura Infantil no 2014 e o Premio Nacional de Literatura no 2015
ROSALÍA DE CASTRO
Seguimos con poesía, despois de ler os poemas de Manuel María, tócanos agora ler os poemas de Rosalía de Castro." Escolma poética de Rosalía de Castro" da editorial Kalandraka, onde temos para ler 13 poemas que tratan sobre o amor, o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida, as inxustizas sociais a saudade...


Etiquetas:
Escolma poética de Rosalía de Castro
GALIZA
Carlos Puebla González e Hugo Prados Arias recitan o poema titulado "GALIZA" da obra de Manuel María "Os soños na gaiola"
Etiquetas:
Galiza de Manuel María 15-02-2016
OS SOÑOS NA GAIOLA
OS SOÑOS NA GAIOLA de MANUEL MARÍA é o libro co que comezamos este ano o club de lectura, aproveitando o traballo de investigación que estivemos a facer durante o primeiro trimestre sobre a vida e obra de Manuel María. Este libro é un percorrido polo mundo infantil galego
Etiquetas:
Os soños na gaiola 2-02-2016
ANXO FARIÑA NO CLUB DE LECTURA
Anxo Fariña autor e ilustrador do libro "Os megatoxos e o prendiz de druída" estivo onte na nosa biblioteca visitando aos compoñentes do noso club de lectura, para falarnos dos seus libros e do laborioso proceso de creación escrita e plástica.Tamén fixo unha desmostración práctica en directo de como crea debuxando os personaxes dos seus libros. E como ten moitos e moitas fans no noso club porque nos gustan moito os seus libros, ao final do acto firmou autógrafos
Etiquetas:
Anxo Fariña 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)