ANXO FARIÑA NO CLUB DE LECTURA
Anxo Fariña autor e ilustrador do libro "Os megatoxos e o prendiz de druída" estivo onte na nosa biblioteca visitando aos compoñentes do noso club de lectura, para falarnos dos seus libros e do laborioso proceso de creación escrita e plástica.Tamén fixo unha desmostración práctica en directo de como crea debuxando os personaxes dos seus libros. E como ten moitos e moitas fans no noso club porque nos gustan moito os seus libros, ao final do acto firmou autógrafos
Etiquetas:
Anxo Fariña 2015
A ILLA DO TESOURO DE ROBERT L. STEVENSON
Robert L. Stevenson é o autor do libro que temos entre mans os compoñentes do club de lectura, titulado A ILLA DO TESOURO. O protagonista é Jim Hawkins, un mociño inglés do século XVIII.
A súa aventura comenza un día en que un vello mariñeiro coa cara marcada por un sablazo, chega á pousada do seu pai, o cofre que transporta o descoñecido contén un extrano mapa, que Jim descubrirá por casualidade. A partires diste momento o protagonista emprenderá unha arriscada viaxe na procura do tesouro do temido capitán Flint
A súa aventura comenza un día en que un vello mariñeiro coa cara marcada por un sablazo, chega á pousada do seu pai, o cofre que transporta o descoñecido contén un extrano mapa, que Jim descubrirá por casualidade. A partires diste momento o protagonista emprenderá unha arriscada viaxe na procura do tesouro do temido capitán Flint
Etiquetas:
A Illa do tesouro de Robert L. Stevenson
OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA DE ANXO FARIÑA
Anxo Fariña, é o autor da colección "Os Megatoxos", da cal escollimos a primeira entrega titulada "Os Megatoxos e o aprendiz de druida" para ler os compoñentes do club de lectura do noso centro "Biblioponte". Son dous mozos e dúas mozas que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo.Esta planta mutante, ten entre outras a capacidade de viaxar no espazo e no tempo...
Etiquetas:
Os Megatoxos
MARCOS MOSTAZA UNO. MARCOS MOSTAZA DOS
Marcos Mostaza ten dez anos e compartimos aventuras, ilusións, amores, fantasías e segredos. Historias da vida cotiá, en clave de humor, contadas a través da mirada dun neno co que os lectores sentiránse identificados.

club de lectura 2014-2015
Etiquetas:
Curso 2014-2015
PALABRAS DE CARAMELO
Editado por Edicións Xerais "PALABRAS DE CARAMELO" escrito por Gonzalo Moure e ilustrado por Fernando Merino, é un libro que defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais. Relata a historia de Kori, un neno saharaui que vive nun asentamento de refuxiados no deserto. O rapaz é xordomudo, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e a escribir. Algo moi especial sucede na súa vida que o fai ser capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente as que xurden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.
Etiquetas:
Palabras de Caramelo 10-01-2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


