FOTOS CLUB DE LECTURA




A ILLA DO TESOURO DE ROBERT L. STEVENSON

Robert L. Stevenson é o autor do libro que temos entre mans os compoñentes do club de lectura, titulado A ILLA DO TESOURO. O protagonista é Jim Hawkins, un mociño inglés do século XVIII.
A súa aventura comenza un día en que un vello mariñeiro coa cara marcada por un sablazo, chega á pousada do seu pai, o cofre que transporta o descoñecido contén un extrano mapa, que Jim descubrirá por casualidade. A partires diste momento o protagonista emprenderá unha arriscada viaxe na procura do tesouro do temido capitán Flint

OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA DE ANXO FARIÑA



Anxo Fariña, é o autor da colección "Os Megatoxos", da cal escollimos a primeira entrega  titulada "Os Megatoxos e o aprendiz de druida" para ler os compoñentes do club de lectura do noso centro "Biblioponte". Son dous mozos e dúas mozas que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo.Esta planta mutante, ten entre outras a capacidade de viaxar no espazo e no tempo...


MARCOS MOSTAZA UNO. MARCOS MOSTAZA DOS

Marcos Mostaza ten dez anos e compartimos aventuras, ilusións, amores, fantasías e segredos. Historias da vida cotiá, en clave de humor, contadas a través da mirada dun neno co que os lectores sentiránse identificados.



club de lectura 2014-2015




Cada vez somos máis compoñentes no club de lectura, o entusiasmo pola lectura contáxiase e estamos encantados de  que se unan lectores  novos ao noso club. Este curso empezamos con forza e moitas gañas de vivir aventuras, de viaxar de imaxinar, de emocionarnos  e nesta ocasión  con dous libros demandados polos lectores e as lectoras: "Marcos Mostaza uno" e Marcos Mostaza  dos"

PALABRAS DE CARAMELO


Editado por Edicións Xerais "PALABRAS DE CARAMELO" escrito por  Gonzalo Moure e ilustrado por Fernando Merino, é un libro que defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais. Relata a historia de Kori, un neno saharaui que vive nun asentamento de refuxiados no deserto. O rapaz é xordomudo, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e a escribir. Algo moi especial sucede na súa vida  que o fai ser capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente as que xurden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.

APRENDIZ DE DETECTIVE. UN ROBO MUY COSTOSO. William Irish

.
Añadir leyenda
Este libro, contén dous relatos policiacos de William Irish, un dos mestres indiscutibles  da novela de suspense. En "Aprendiz  de detective", un neno de doce anos, relata en primeira persoa a experiencia vivida  ao emprender en plena noite a búsqueda da súa amiga que foi raptada. En "Un robo muy costoso" descríbese a planificación e execución do roubo dunhas xoias que traerá consecuencias  inesperadas para os protagonistas, dous ladróns de pouca monta.
Esperamos que disfrutedes desta nova lectura !!