club de lectura 2014-2015
Etiquetas:
Curso 2014-2015
PALABRAS DE CARAMELO
Editado por Edicións Xerais "PALABRAS DE CARAMELO" escrito por Gonzalo Moure e ilustrado por Fernando Merino, é un libro que defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais. Relata a historia de Kori, un neno saharaui que vive nun asentamento de refuxiados no deserto. O rapaz é xordomudo, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e a escribir. Algo moi especial sucede na súa vida que o fai ser capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente as que xurden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.
Etiquetas:
Palabras de Caramelo 10-01-2014
APRENDIZ DE DETECTIVE. UN ROBO MUY COSTOSO. William Irish
.
Este libro, contén dous relatos policiacos de William Irish, un dos mestres indiscutibles da novela de suspense. En "Aprendiz de detective", un neno de doce anos, relata en primeira persoa a experiencia vivida ao emprender en plena noite a búsqueda da súa amiga que foi raptada. En "Un robo muy costoso" descríbese a planificación e execución do roubo dunhas xoias que traerá consecuencias inesperadas para os protagonistas, dous ladróns de pouca monta.
Esperamos que disfrutedes desta nova lectura !!
| Añadir leyenda |
Esperamos que disfrutedes desta nova lectura !!
Etiquetas:
Xaneiro 2014
LIBERESPAZO
"...E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre"
Etiquetas:
Liberespazo 2014
RELATOS DE FANTASMAS
Comenzamos 2014 lendo un libro de terror.... de medo....RELATOS DE FANTASMAS de Steven Zorn con ilustracións de John Bradley da editorial Vicens Vives e da colección Cucaña, é un conxunto de oito contos de fantasmas e de almas do máis aló. É un libro variado, curto e por tanto fácil de ler, que provoca moitas emocións: a ratos medo, a ratos diversión..... Espero que vos guste!

Etiquetas:
Relatos de fantasmas xaneiro 2014
AS AVENTURAS DO APALPADOR: O TESOURO DOS MOUROS
A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador, emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures. Para o descubrir, deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes.
O APALPADOR
Os compoñentes do club de lectura, para ir quentando motores para a lectura do libro titulado "As aventuras do apalpador: O Tesouro dos mouros", asisten na biblioteca, á representación en Kamiishibai da historia do Apalpador. O texto foi resultado dun traballo de investigación feito polo alumnado de 5º de primaria e as ilustracións foron feitas por Sandra Puebla González.
Etiquetas:
O Apalpador. Nadal 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

