PALABRAS DE CARAMELO


Editado por Edicións Xerais "PALABRAS DE CARAMELO" escrito por  Gonzalo Moure e ilustrado por Fernando Merino, é un libro que defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais. Relata a historia de Kori, un neno saharaui que vive nun asentamento de refuxiados no deserto. O rapaz é xordomudo, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e a escribir. Algo moi especial sucede na súa vida  que o fai ser capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente as que xurden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo color canela.

APRENDIZ DE DETECTIVE. UN ROBO MUY COSTOSO. William Irish

.
Añadir leyenda
Este libro, contén dous relatos policiacos de William Irish, un dos mestres indiscutibles  da novela de suspense. En "Aprendiz  de detective", un neno de doce anos, relata en primeira persoa a experiencia vivida  ao emprender en plena noite a búsqueda da súa amiga que foi raptada. En "Un robo muy costoso" descríbese a planificación e execución do roubo dunhas xoias que traerá consecuencias  inesperadas para os protagonistas, dous ladróns de pouca monta.
Esperamos que disfrutedes desta nova lectura !!

LIBERESPAZO


"...E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre"

RELATOS DE FANTASMAS


Comenzamos 2014 lendo un libro de terror.... de medo....RELATOS DE FANTASMAS de Steven Zorn con ilustracións de John Bradley da editorial Vicens Vives e da colección Cucaña, é un conxunto de oito contos de fantasmas e de almas do máis aló. É un libro variado, curto e por tanto fácil de ler, que provoca moitas emocións: a ratos medo, a ratos diversión..... Espero que vos guste!

AS AVENTURAS DO APALPADOR: O TESOURO DOS MOUROS

A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador, emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures. Para o descubrir, deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes.


as aventuras do apalpador o tesouro dos mouros-fernando cimadevila-9788493971298



O APALPADOR

Os compoñentes do club de lectura, para ir quentando motores para a lectura  do libro titulado "As aventuras do apalpador: O Tesouro dos mouros", asisten na biblioteca, á representación en Kamiishibai da historia do Apalpador. O texto foi resultado  dun traballo de investigación feito polo alumnado de 5º de primaria e as ilustracións foron feitas por Sandra Puebla González.






.

O GRAN XIGANTE BONACHÓN DE ROALD DAHL

Outro libro de Roald Dhal, ilustrado tamén por Quentin Blake: "O Gran Xigante Bonachón". Unha noite o Gran Xigante Bonachón entra pola fiestra do orfanato, envolve a Sofía, nunha saba e levaa ao país dos xigantes. Pero nese país tamén hai xigantes malos. Sofía e o Gran Xigante Bonachón terán que facerlles frente a todos, coa axuda da raíña de Inglaterra.